Formación de Usuarios

Unha das tarefas máis salientables do traballo na biblioteca escolar é a Formación de Usuarios. Entendemos por Formación de Usuarios o conxunto de actividades que teñen por obxectivo facer dos nosos alumnos e alumnas usuarios autónomos capaces de se desenvolver nunha biblioteca pública. 


Por tal motivo, a biblioteca escolar non se debe organizar segundo criterios persoais e particulares, senon que ha de ter en conta o sistema de catalogación máis extendido: a Catalogación Decimal Universal (C.D.U.), adaptándoa, obviamente, ás circunstancias dun centro de Educación Primaria. 


A Formación de Usuarios abrangue un campo amplísimo: dende coñecer a ubicación da propia biblioteca e dos fondos bibliotecarios ata buscar información empregando o índice dun libro ou a Internet. 


Por último, a Formación de Usuarios está intimamente vencellada á Educación Documental, xa que as actividades de investigación esixen soltura no manexo de distintas fontes, na interpretación de diferentes tipos de textos e na reelaboración da información obtida. 


Ofrecémoste diferentes recursos e materiais, dende as publicacións de expertos sobre o tema ata programas para a Formación de Usuarios creados por distintos centros educativos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario