13 mar. 2017

SNAPGUIDE: UNHA APP PARA CREAR TITORIAIS



Como xa temos visto nalgunha outra ocasión, Snapguide pode ser unha ferramenta moi útil para crear titoriais, xa sexa para aproximarse por primeira vez a algo (unha aplicación, unha receita de cociña...), para plasmar o resultado dunha investigación, ou para reflexionar sobre o proceso seguido de cara á elaboración dun produto. 

Isto último foi o que pretendeu este titorial: reflexionar sobre o proceso de investigación desenvolvido en 6º A de Primaria sobre o Pirata Drake na Ría de Vigo




5 mar. 2017

LINO.IT: UN ALIADO PARA O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN











Lino.it é unha aplicación gratuíta multiplataforma con varias utilidades que podemos aproveitar para a fase de Tratamento da Información, cando desenvolvemos actividades ALFIN.      

                   
En realidade, trátase dunha corcheira dixital, que podemos empregar de xeito privado ou colectivo, e na que podemos compartir enlaces, vídeos, imaxes ou documentos.
Ademais, a información ímola compartindo coa creación de tarxetas (coma se se tratara de post-it) de diversas cores, que, deste xeito, pódense mover doadamente para reorganizar o traballo e facilitar o traballo cooperativo. 

Nesta corcheira, a modo de exemplo, presentamos algunhas das utilidades que lle podemos dar á app durante o proceso de Tratamento da Información.